Skip to main content
ActualidadeBrevesGuitiriz

O Concello impulsa un curso de manipulador de alimentos na aula CeMIT de Guitiriz

Por 5 Outubro, 2017Sin comentarios

O Concello de Guitiriz organiza un curso de manipulador de alimentos que se desenvolverá o sábado 21 de outubro na aula CeMIT (telecentro) entre as nove da mañá e as dúas do mediodía.

As inscricións, por un prezo de 10 euros, pódense facer ata o xoves 18 de outubro ben de xeito presencial no Concello ou ben por teléfono no 982 370 109 ou por e-mail a través do enderezo info@concellodeguitiriz.com.