O tributo sobre rodas á serie ‘Soy Luna’ chega a Vilalba a finais de outubro

O pasado mes de marzo estrenouse na Gran Vía de Madrid o único tributo autorizado da serie de televisión número 1 do noso país entre os pre-adolescentes, Soy Luna.

Tras catro meses en Madrid, inicia a súa ruta por toda España. Espectaculares voces en directo, atractivas coreografías e temas coñecidos polo público das dúas temporadas de emisión na televisión e algún número sobre patíns fai de “Luna Sobre Ruedas” un espectáculo único en España que chegará ao auditorio de Vilalba o domingo 29 de outubro a partir das doce e media da mañá.

O espectáculo diríxese a rapaces e rapazas de entre 5 e 16 anos, principalmente.

O prezo da entrada anticipada é de 10 euros adquiríndoa na Casa da Cultura ou en ataquilla.com. O día do espectáculo na billeteira do auditorio será de 12 euros.

Etiquetas

Publicidade

Axenda

Publicidade

Todos os artigos e novas da anterior web están agora aquí: