AGCT achega as claves para realizar bocetos sobre fauna e flora na Casa das Ínsuas

Durante o último trimestre do ano a Casa das Ínsuas de Rábade acollerá tres xornadas do Curso de ilustración da natureza organizadas pola Asociación Galega de Custodia do Territorio (AGCT) e impartidas pola debuxante da natureza Mariana Roura co obxectivo de “dar as claves para que os asistentes poidan facer os seus esbozos no campo sobre a fauna e flora observada”.

“O debuxo das plantas” desenvolverase o 14 de outubro, mentres que o 4 de novembro será a quenda de “O debuxo das aves” e o 2 de decembro, “O debuxo dos invertebrados” en horario de dez da mañá a dúas do mediodía.

Os interesados e interesadas poden participar nas tres xornadas ou en cada unha de xeito independente. Ademais, a a actividade é gratuíta e dirixida a tódolos públicos. Con todo, é necesario inscribirse en www.custodiadoterritorio.org/actividades/.

Etiquetas

Publicidade

Axenda

Publicidade

Todos os artigos e novas da anterior web están agora aquí: