O TDM Vilalba estrea patrocinador cunha de cal e outra de area

O TDM Basanta Souto recibía ao Promesas Concello de Ribadeo.

O TDM Basanta Souto recibía ao Promesas Concello de Ribadeo.

O TDM Vilalba comezaba a liga regular de tenis de mesa 17/18 para a que cambia de patrocinador cunha de cal e outra de area.

O Tdm Basanta Souto impoñíase por un contundente 4-1 ao Promesas Concello de Ribadeo na primeira xornada da Segunda galega nun partido disputado en Vilalba. O puntos locais foron conseguidos dous por Ariadna, un por Alba e outro nuns dobres moi disputado, no cal Alba e Ari se fixeeron coa vitoria. O punto dos visitantes conseguíao Javier López. Bo comezo de liga e boas sensacións para o equipo.

Pola contra, no debut en Terceira Nacional non houbo tanta sorte. Os xogadores do Tdm Basanta Souto desprazáronse á Coruña para enfrontarse a un rival moi complicado recentemente descendido de Segunda Nacional o ano pasado por mor das lesións. Agora, co persoal ao completo, exhiben un gran xogo; polo que será, sen dúbida, un dos equipos que loiten polo ascenso. Así, os vilalbeses só foron capaces de conseguir gañar un xogo. Javier Trastoy derrotaba a José Luis Amor.

A vindeira xornada o equipo de Segunda descansa e o de Terceira galega recibe ao Dez Portas Porta Falsa o sábado 14 ás cinco da tarde no pavillón do Mato Vizoso.

Etiquetas

Publicidade

Axenda

Publicidade

Todos os artigos e novas da anterior web están agora aquí: