Carlos Yobanni García, quinto no Torneo Internacional de Krásnik

Carlos Yobanni García durante o Torneo Internacional de Krásnik (Polonia).

Carlos Yobanni García durante o Torneo Internacional de Krásnik (Polonia).

O vilalbés Carlos Yobanni García ven de acadar o quinto posto no Torneo Internacional de Krásnik (Polonia) tras gañar 3 dos 5 combates que disputaba este sábado 7 de outubro.

Carlos caía en primeira rolda ante o ruso Marid Dramaldinov, tendo a posibilidade de loitar polo bronce tras vencer os seus seguintes enfrontamentos ante o compañeiro de selección José Ojeda e os polacos Patrick Goluchowsky e Seweryn Birski. Na loita polo bronce caía nun duro enfrontamento ante o representante de Ucrania Vladislav Rich.

O director técnico do Club de Loita Olímpica de Vilalba, Iván Castro, realiza “unha moi boa valoración da participación de Carlos neste evento de primeiro nivel tendo en conta que aínda é júnior de primeiro ano e que se estraba nunha categoría de peso superior”. Ademais, destaca “a gran melloría no rendemento do noso deportista ao gañar por superioridade a algúns dos que serán os seus rivais directos nos europeos e mundiais; así coma polo dominio ante o actual campión de España da categoría júnior menos de 66kg na que Carlos se estrea na tempada 2018”.

O loitador continuará a traballar en Vilalba da man do campión mundial Alexis Rodríguez mellorando erros técnico-tácticos de cara a chegar nun estado competitivo óptimo ás principais citas do 2018 xunto a outros compañeiros coma José Cuba e Ramón Monasterio, que tamén agardan dominar nas súas respectivas categorías.

Etiquetas

Publicidade

Axenda

Publicidade

Todos os artigos e novas da anterior web están agora aquí: