O programa Madrugadores contribúe na empregabilidade das familias guitiricenses

A conciliación da vida laboral e familiar en Guitiriz é posible grazas ao programa “Madrugadores” que o Concello e o Fondo Social Europeo financian íntegramente dende fai unha década. É, pois, pioneiro nesta programación coa que se atende aos usuarios e usuarias en horario de oito da mañá á hora de inicio das actividades lectivas no CEIP Plurilingüe de Lagostelle, ás nove e media, e que, ademais, se presta de xeito gratuíto.

Xogos de mesa, construccións, xogo libre, tarefas e tamén outras actividades esporádicas coma manualidades ou ioga ocupan o tempo previo ao comezo das clases no que tamén aproveitan, cando o tempo o permite e rematen as obras, o exterior do centro. Nalgúns casos tamén aproveitan os pequenos e pequenas para tomar o almorzo proporcionado polas súas familias facendo uso do comedor escolar.

Incremento de usuarios e usuarias
Este curso 17/18 sufriu un repunte importante tanto no número de inscritos e inscritas coma na media de asistentes. Se o curso pasado chegaron a facer uso do servizo ata 40 rapaces cando os inscritos e inscritas eran 24 e a media de asistencia se colocaba entre os 10 e os 15; este curso, con 35 inscricións, o Concello estima unha media de asistencia de entre 20 e 25 rapaces e rapazas cada día. Con todo, a educadora familiar responsable da súa atención, Rocío Fanego, explica que “o número de participantes varía cada día da semana en función da necesidade das familias e dos seus horarios de traballo”.

Empregabilidade
Tamén é certo que se teñen incrementado o número de matrículas no centro debido a, fundamentalmente, tres aspectos que indica Rocío Fanego: “o aumento do número de nenos e nenas nacidas no municipio, a chegada de alumnado procedente doutros centros e ás posibilidades para a conciliación no municipio”.

Así, destaca que “este tipo de servizos favorece a empregabilidade das persoas do municipio”.

Etiquetas

Publicidade

Axenda

Publicidade

Todos os artigos e novas da anterior web están agora aquí: