Skip to main content
ActualidadeVilalba

As claves para a consolidación do comercio a debate en Vilalba

Por 10 Outubro, 2017Sin comentarios
Charla sobre innovación e renovación no comercio en Vilalba.

Charla sobre innovación e renovación no comercio en Vilalba.

A sede da Asociación de Empresarios Sete Pontes de Vilalba acolleu o Networking de innovación, renovación e consolidación comercial, organizado pola Federación Galega de Comercio en colaboración coa Asociación, a Federación de Comercio de Lugo e a Xunta de Galicia, a través da Dirección Xeral de Comercio.

O obxectivo da iniciativa, que se desenvolverá nas catro provincias galegas, é fomentar o emprendemento, o uso das novas tecnoloxías, a renovación e a consolidación comercial.

Trátase de transmitir información ó comerciante galego sobre distintos aspectos relacionados coa súa actividade: normativa, consumo, axudas, tecnoloxía, comercio electrónico, fidelización; etc. Dar a coñecer as ferramentas disponibles e aportar medios para que o sector acade a diferenciación e competitividade necesaria a través do emprego de novas canles de promoción e venda, distribución, fidelización e o coñecemento do consumidor.

O taller contou coa asistencia do presidente da Asociación de Empresarios Sete Pontes, Álvaro Fraga; o seu homólogo na Federación Galega de Comercio e na Federación de Comercio de Lugo, José María Seijas López; e os técnicos da Federación, Carmen Pérez e Jose S. Vázquez.