Skip to main content
ActualidadeSociedadeVilalba

O FIV 2018 xa ten datas: 27 e 28 de abril

Por 10 Outubro, 2017Sin comentarios
FIV 2017.

FIV 2017.

Xa está aquí unha nova edición do FIV de Vilalba os días 27 e 28 de abril co que arrinca a tempada de festivais en Galicia.

Tras celebrar o décimo aniversario e colgar o cartel de entradas esgotadas nas dúas últimas edicións, o FIV volve con moitas novidades que irá desvelando nos próximos meses.

Os primeiros abonos saen á venda o próximo 18 de outubro ás dez da mañá a través de www.fivdevilalba.com e www.ticketea.com por só 15 euros -máis gastos-.