Vilalba acolle un taller de innovación comercial

A Federación Galega de Comercio organiza en Vilalba un Taller de Innovación, renovación e consolidación comercial, en colaboración coa Xunta de Galicia a través da Dirección Xeral de Comercio e Consumo, a Federación de Comercio de Lugo e a Asociación de Empresarios Sete Pontes.

Esta xornada terá lugar mañá martes, 10 de outubro, ás 20.30 horas, na sede da Asociación de Empresarios Sete Pontes (Castiñeiro, parcela E1. Pol. Industrial) de Vilabla, e abordará distintos aspectos relacionados co sector comercial e o consumidor: normativa de consumo, axudas, novas tecnoloxías, comercio electrónico, fidelización, etc.

A asistencia a este taller é gratuita e contará coa asistencia do presidente da Federación Galega de Comercio e da Federación de Comercio de Lugo, José María Seijas López; o presidente da Asociación de Empresarios Sete Pontes, Álvaro Fraga; así como de técnicos especializados nas materias a tratar.

Previamente, ás 20.15 horas, farase entrega dunha tarxeta premiada con 150 euros na campaña promocional Días Azuis do Comercio Galego. A gañadora recibirá o seu premio por unha compra realizada no establecemento O Tenderete.

Etiquetas

Publicidade

Axenda

Publicidade

Todos os artigos e novas da anterior web están agora aquí: