Skip to main content
ActualidadeSociedadeVilalba

O Racing Villalbés promove unha recollida de botas e calzado deportivo

Por 11 Outubro, 2017Sin comentarios

O Racing Club Villalbés pon en marcha unha campaña de recollida de botas e calzado deportivo. “O obxectivo é axudar ás familias menos favorecidas”, segundo manifesta o presidente, Paco Ruiz.

Así, ata finais de outubro diante do almacén do campo artificial instalarase unha caixa na que depositar as botas ou calzado deportivo que as familias xa non precisen.

Unha vez rematada a recollida trasladaranse ao estadio Roca para distribuílas, de xeito confidencial, entre os demandantes que se poñan en contacto co número 677 725 125.

Despois dun tempo, o material que non sexa reutilizado entregarase a Cáritas ou á Cruz Vermella.