O PSOE de Cospeito denuncia “as deplorables condicións do depósito de auga de Muimenta”

Depósito de auga de Muimenta.

A voceira do Grupo Municipal Socialista no Concello de Cospeito, Rosa Morán, denuncia “as deplorables condicións nas que se atopan, tanto a captación coma o depósito municipal de auga que consumimos e pagamos os veciños e veciñas de Muimenta”.

A socialista e veciña de Muimenta indica que “as condicións do depósito distan moito do que se esixe para o lugar de almacenamento de auga para consumo humano”. Explica que “o depósito en si está cheo de gretas que non son recentes, senón que leva anos así. O descoido é evidente; xa que dende a parte superior en lugar de ver auga, vese maleza acumulada, xa que medran todo tipo de arbustos e incluso salgueiros”.

É por iso polo que Rosa Morán solicitaba a limpeza do depósito de cara a mantelo “en condicións hixiénicas”. E, nesa liña, pregunta ao Concello a última data da súa limpeza. Ademais, os socialistas teñen rexistrado no Concello unha solicitude de documentación “referente a esta captación e depósito incluídos rexistros de analíticas da captación e de limpeza do depósito así como a súa adaptación á lexislación vixente e protocolos de actuación”.

Limpeza exterior
O exterior e arredores do depósito foron limpos polos veciños e veciñas de Muimenta cando limparon a área recreativa. “O Concello non acondicionou tampouco os exteriores e arredores do depósito. De agardar polo seu traballo, non se vería sequera o depósito entre a maleza”.

Etiquetas

Publicidade

Axenda

Publicidade

Todos os artigos e novas da anterior web están agora aquí: