Aberto o prazo para solicitar praza de atención terapéutica diúrna para persoas con alzheimer e outras enfermidades neurodexenerativas en Vilalba

O Concello de Vilalba abre prazo de solicude para cubrir inicialmente as 5 prazas conveniadas da Unidade de Atención Diúrna terapéutica para persoas con Alzhéimer e outras enfermidades neurodexenerativas propias da Fundación Hospital Asilo de Vilalba tras ser aprobado no pleno o convenio entre ambas entidades polo que se instrumenta a subvención nominativa prevista nos presupostos municipais para o desenvolvemento da acción social para o período 2017/2020.

As solicitudes presentaranse no departamento de Servizos Sociais xuntando tamén fotocopia do DNI das persoas solicitantes; fotocopia do DNI do representante legal ou gardador de feito, se é o caso; fotocopia da tarxeta sanitaria; informe médico; xustificantes de ingresos da persoa solicitante, e no caso de estar casado/a, do seu/súa cónxuxe; fotocopia da última declaración da renda, ou no seu defecto, autorización para obter o certificado de imputacións do IRPF expedido pola Axencia Tributaria; no caso de percibir pensión do estranxeiro, certificado bancario da contía mensual do ano en curso; fotocopia da Resolución da Valoración do Grao de Dependencia, si a tivese; fotocopia da Resolución do Plan Individual de Atención de estar incluído no PAR para Centro de día, si a tivese; e calquera outro documento que se considere necesario para a valoración da solicitude.

A valoración correspóndelle ao traballador/a social dos servizos sociais comunitarios do Concello, que determinará a concorrencia dos requisitos para ser usuario do centro de día e aplicará o baremo correspondente para a súa valoración, tendo en conta que tódalas solicitudes obterán unha puntuación en aplicación do baremo establecido ao efecto.

O departamento de Servizos Sociais, valorará a solicitude segundo o baremo de valoración e elaborará un informe-proposta que será elevado á Xunta de Goberno Local, quen resolverá favorable e dita solicitude terá consideración de alta no servizo. No caso de non existir dispoñibilidade de prazas para todas as solicitudes incluirase nunha lista de agarda por orde de preferencia en función da puntuación acadada. No caso de igualdade na puntuación terase en conta a data de presentación das mesmas.

O prazo de presentación de solicitudes remata o 15 de novembro de 2017.

Etiquetas

Publicidade

Axenda

Publicidade

Todos os artigos e novas da anterior web están agora aquí: