O incendio de Anxeriz, en Friol, abandona o nivel 2

A vaga de lumes de Galicia afecta tamén á provincia de Lugo onde se manteñen activos unha vintena de incendios forestais.

O incendio de Anxeriz (en Friol) xa non está en situación 2 e, polo tanto, non supón risco para vivendas. Nesta mesma situación atópase o de Cangas (Pantón).

Pola contra, son tres os incendios en situación 2: o de Donís e o de Noceda (en Cervantes) e o de Chavaga (en Monforte).

A delegación territorial agradece o esforzo de todo o persoal que traballa nos medios de extinción. O delegado, José Manuel Balseiro, comunica que “todos os medios disponibles están en activo e se suman medios da UME e dous hidroavións do Ministerio”.

Etiquetas

Publicidade

Axenda

Publicidade

Todos os artigos e novas da anterior web están agora aquí: