Skip to main content
ActualidadeBegonte

Tres obras en Begonte no quinto Ciclo de Teatro de Castiñeiro Milenario

Por 16 Outubro, 2017Sin comentarios

Castiñeiro Milenario pon en marcha o quinto Ciclo de Teatro no que participarán tres compañías nas vindeiras fins de semana en Begonte.

O 21 de outubro ás seis da tarde na Casa da Cultura en Begonte, o Grupo de Teatro da Biblioteca Municipal de Antas de Ulla vai representar “Clarexa que non é pouco”, adaptación da coñecida e recoñecida obra de José Luis Cuerda. Unha comedia surrealista para todos os públicos.

O 28 de outubro ás cinco da tarde no local social da Asociación Veciñal do Castro (Begonte), Unidade de Ozono vainos traer a súa obra “A quimera do maxín”, comedia dirixida a un público infantil e e familiar.

Para rematar o ciclo deste ano, a compañía Lucecús Teatro presentará a obra “PinguíSOS” unha traxicomedia social, dirixida a un público infantil e e familiar. Será o sábado 4 de novembro a partir das sete e media do serán no local do Castro.

Dende a asociación agradecen á Deputación de Lugo “a través do programa de teatro Buxiganga ao que pertencen dúas obras, ao Concello de Begonte a cesión da Casa da Cultura e a AV do Castro por deixarnos o seu local social para poder facer este ciclo teatral”.