Skip to main content
ActualidadeVilalba

O Concello de Vilalba reparte máis de 29.000 euros entre 53 asociacións do municipio

Por 17 Outubro, 2017Sin comentarios

A Xunta de Goberno Local acordaba nunha sesión celebrada o luns 9 de outubro de 2017, outorgar as subvencións ás entidades públicas ou privadas para fomentar unha actividade ou interese municipal conforme ao establecido nas bases para a convocatoria pública de subvencións municipais para a anualidade 2017 en Vilalba.

Son nove asociacións culturais, tres educativas, 19 deportivas, seis de mulleres, 13 veciñais, unha que traballa cun colectivo específico e outras dúas máis doutro tipo as que recibirán estas axudas municipais dun mínimo de 318,60 e dun máximo de 600 euros por entidade segundo a puntuación outorgada atendendo aos criterios establecidos nas bases.

O único expediente denegado é o da Asociación Cultural En Movemento por ter recibido outra axuda municipal nesta anualidade. Así, son 53 as entidades as que teñen outorgados un total de 29.056,75 euros.