Unha colisión múltiple sáldase cun ferido en Guitiriz

Unha persoa resultou ferida despois de colidir tres turismos que circulaban á altura do punto quilométrico 539 da N-VI, no termo municipal de Guitiriz. O 112 Galicia tivo constancia do accidente, pasados uns minutos das dez e media desta mañá, grazas á chamada dun particular.

A partir de aí, dende o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia (CIAE), pasouse aviso á Garda Civil de Tráfico e a Protección Civil. No transcurso da chamada, persoal do 061 e do GES de Guitiriz contactaban co 112 Galicia para alertar do suceso. Aseguraban, ademais, que unha persoa precisaba asistencia sanitaria.

Os Bombeiros de Vilalba e o servizo de mantemento da estrada tamén foron informados.

Accidente en Rábade
Case á mesma hora, o CIAE era informado doutro accidente con outra persoa ferida no concello lucense de Rábade. Neste caso tratouse dun choque entre un camión –de transporte de area- e un coche que circulaban pola LU-541, á altura do cruce de Begonte e Cospeito. Tras recibir á alerta dun particular, o 112 Galicia requiriu a intervención do persoal sanitario, dos axentes de Tráfico e dos Bombeiros de Vilalba que colaboraron co persoal do servizo de mantemento da estrada nas tarefas de limpeza da vía.

Etiquetas

Publicidade

Axenda

Publicidade

Todos os artigos e novas da anterior web están agora aquí: