Degustación de produtos de Castro do 2 ao 5 de novembro durante as xornadas ‘Castronomía de Outono’

Carballeira de Castro Ribeiras de Lea.

Ata dez establecementos hostaleiros de Castro participan nas xornadas de degustación ‘Castronomía de Outono’ que se desenvolverán entre o venres 3 e o domingo 5 de novembro ao mediodía.

A proposta pretende, ademais de dinamizar a localidade durante a fin de semana, dar a coñecer os produtos das empresas da vila en sinal de agradecemento pola súa implantación na zona e, polo tanto, pola xeración de emprego para os veciños e veciñas. De feito, Carmen Pernas -do restaurante Cóndor- considera que unhas empresas depende doutras “directa ou indirectamente”.

O propio restaurante Cóndor, Río Lea, Chus, Carballeira, Suso, a pastelería Améndoa, Sagitario, o café bar Paco, o pub Folgar e o Puente ofrecerán tapas elaboradas con algún dos queixos de Quescrem ou Leitigal e mexillóns de Vitalmar. Ademais, tres deles empregarán polo do grupo SADA, tres carne de tenreira e outros tantos de porco procedente de FRILEA. No caso da pastelería, “non procede impoñer o uso de carnes”. En calquera caso, o prezo da tapa será de 1,50 euros.

A pesar de que supón “un sacrificio e esforzo para o persoal dos establecementos participantes”, agardan contar cunha resposta similar á dos concursos de tapas que a localidade ten celebrado con moi boas críticas dende a Asociación de Hostaleiros de Lugo.

A modo de obsequio, entre os participantes sortearanse vales de compra ou produtos cedidos por establecementos colaboradores da propia vila de Castro Ribeiras de Lea.

Etiquetas

Publicidade

Axenda

Publicidade

Todos os artigos e novas da anterior web están agora aquí: