A UNED Sénior da Coruña amplía o prazo de matrícula ata comezos de novembro

Cunhas 320 matriculacións remataba este venres 20 de outubro o prazo oficial de matrícula na Uned Sénior A Coruña para este curso 2017/18.

Con todo, o prazo será ampliado ata a primeira semana de novembro debido a “problemas na rede de informática que impedían a matriculación” e “para ofrecer facilidades de tempo ás novas incorporacións”.

A UNED Sénior conta con aulas en Xermade e Guititiz (Lugo) e Paderne, Irixoa, Monfero, Aranga, Lousame e Rianxo (A Coruña) ás que agarda incorporar neste mesmo cuadrimestre a Portodoson, A Baña e Outes.

Música, informática, recursos naturais, lanoterapia, ximnasia, medicina en xeral ou linguas son algunhas das materias impartidas. Os alumnos e alumnas son persoas maiores de 50 anos con ganas de seguir activos e aprender ao tempo que ofrecer a súa experiencia e a súa bagaxe cultural.

O coordinador da UNED Sénior A Coruña, Luís Ángel Rodríguez Patiño, agarda “chegar ás 500 matriculacións e ocupar o primeiro posto de toda España”.

Etiquetas

Publicidade

Axenda

Publicidade

Todos os artigos e novas da anterior web están agora aquí: