Vilalba recibe ao espectáculo “Luna sobre ruedas”

O pasado mes de marzo estreábase na Gran Vía de Madrid o único tributo autorizado da serie de televisión número 1 do noso país entre os pre-adolescentes, Soy Luna. E tras catro meses en Madrid, inicia a súa ruta por toda España que chegará a Vilalba o domingo 29 de outubro a partir das doce e media do mediodía no auditorio municipal Carmen Estévez.

Espectaculares voces en directo, atractivas coreografías e temas conecidos por o público das dúas temporadas de emisión na televisión e algún número sobre patíns fai de “Luna Sobre Ruedas” un espectáculo único en España dirixido, especialmente, a rapaces e rapazas de 5 a 16 anos.

As entradas están xa á venda por 10 euros en Ataquilla.com e na Casa da Cultura. Xa o día da función poderanse adquirir na billeteira do auditorio por 12 euros.

Etiquetas