Skip to main content
ActualidadeBrevesFriol TERRACHÁXASociedade

Comezan os cursos de ximnasia, baile e estimulación cognitiva en Friol

Por 26 Outubro, 2017Sin comentarios

O Concello de Friol, como cada ano, inicia en novembro os cursos de ximnasia de mantemento para mulleres que terán lugar os martes e xoves de nove a dez da noite. Así mesmo, tamén levará a cabo os cursos de baile os luns de nove a dez e media.

Ambas as actividades terán lugar no pavillón municipal e custeadas totalmente desde a administración local. “Queremos que os nosos veciños dispoñan de actividades dinámicas e variadas, tanto a nivel físico como mental, pois para este último temos un programa de estimulación cognitiva na biblioteca dous días á semana”.