Guitiriz en ruta para coñecer o patrimonio natural do concello

Área Recreativa San Xoán de Lagostelle.

Cun total de nove roteiros, o programa Guitiriz en Ruta pretende dar a coñecer o patrimonio natural do municipio.

Así, este domingo 29 de outubro botará a andar esta programación que se estende durante nove domingo ata o 17 de xuño de 2018 pasando por Parga, San Alberte, Os Vilares, O Buriz, San Xoán e As Negradas.

Con saída ás dez da mañá dende o Campo da Feira de Guitiriz desenvolverase a Ruta da Auga dende Guitiriz a Parga por Sete Muíños, a Ruta da Pedra, Parga, Montemeá, o Balneario de Guitiriz e de volta ao campo da Feira.

Tralo primeiro roteiro, realizarase o domingo 26 de novembro a Ruta da Auga dende Parga a San Alberte con saída ás dez da mañá dende o CIT ata San Alberte e regreso por San Breixo polo Camiño Norte. O domingo 17 de decembro está prevista a ruta polo monte dos Vilares; o domingo 28 de xaneiro un tramo do Camiño Norte dende a capela de San Alberte ata o límite co concello de Friol; e o domingo 25 de febreiro a Ruta da Pedra de Díaz Castro.

Xa na primavera, desenvolverase a ruta das Bidueiras no monte de San Breixo, o domingo 29 de abril realizarase un roteiro polo Pantano de San Xoán, o domingo 27 de maio a ruta Muíño da Ruxida, Pena Xiboi e Canteiras de Parga e o domingo 17 de xuño, a ruta á Cova da Serpe.

Todas as rutas están abertas ao público en xeral sen límite de idade. En calquera caso, o Concello chama a levar a roupa e calzado cómodo e adecuado para camiñar e acorde ao tempo atmosférico, auga e algún tentempé para a media mañá.

A organización estima un tempo aproximado de duración de cada ruta é de entre tres e catro horas.

Etiquetas

Publicidade

Axenda

Publicidade

Todos os artigos e novas da anterior web están agora aquí: