Skip to main content
ActualidadeLugo

O BNG preguntará se as pancartas que retirou o Concello foron pagadas cos 30.000 euros da Deputación

Por 26 Outubro, 2017Sin comentarios

O voceiro do BNG na Deputación, Xosé Ferreiro, anunciou que presentará unha pregunta en relación ao Convenio da subvención directa excepcional outorgada pola Deputación á Federación AA.VV. de Lugo “Lucus Augusti”. A través deste convenio concédese unha partida económica de 30.000 € á Federación de Asociacións Veciñais para diversas actividades no ano 2017 de dinamización do movemento veciñal e asociativo”, a través da realización das campañas de Limpeza dos ríos de Lugo, Cursos de memoria, Lugo non perdas o tren, Día da árbore, Plataforma Lugo en Pé…na Defensa do Rural.

Ferreiro dixo “non é normal que as pancartas que paga a Deputación sexan retiradas polo concello” e engadiu “é pouco comprensible a falta de coordinación entre administracións e a falta de apoio a unha campaña que entendemos é positiva para o futuro de Lugo”. O voceiro do BNG afirmou “forma parte da nosa labor como oposición controlar o gasto de cartos públicos desta entidade, en ningún momento cuestionamos esta axuda por que entendemos que as institucións teñen que apoiar as iniciativas veciñais e, sempre foi demanda do BNG, a mellora das infraestruturas ferroviairias”.

O voceiro cualificou como “extraña” a falta de comunicación entre a alcaldesa de Lugo e o presidente da Deputación que teñen apoiado numerosas campañas da Federación Veciñal e dixo “máis extraño é o feito de que, aínda cumprindo coa normativa das dúas administracións, que unha administración actue en contraposición á outra, máis cando están gobernadas pola mesma formación política e máis cando se fai unha reclamación lexítima e positiva para Lugo”.