Varias estradas do municipio de Pol, cortadas ao tráfico con motivo do XXXIX Rally San Froilán

Con motivo da celebración do trixésimo noveno Rallye San Froilán, do que un tramo discorrerá polo municipio de Pol o vindeiro sábado 28 de outubro, varias estradas serán pechadas ao tráfico entre as oito e cuarto da mañá e as catro menos cuarto da tarde.

As estradas pechadas serán:
-Estrada DP 1611 desde km 104 ata km 105.
-Estrada LU-760 desde Km 8,500 ata km 10,500.
-Estrada DP 12 04 desde km 14,5 ata km 17.
-Estrada LU-4602 desde cruce con LU-760 a cruce con LU-P-1611.
-Estrada local de A Valiña desde cruce con LU-P1611 a cruce con LU-760.
-Estrada local desde centro de Mosteiro pasando por Porto de Eira, Casa do Amable, e a Cruz de Ventín, ata cruce con LU-P-1611.
-Estrada local por Trasín, Casa de Pousadela ata cruce co LU-P-1204.

Etiquetas

Publicidade

Axenda

Publicidade

Todos os artigos e novas da anterior web están agora aquí: