A Biblioteca Municipal de Xermade, premiada pola campaña de animación á lectura María Moliner

A Biblioteca Municipal de Xermade está de noraboa. A campaña de animación á lectura María Moliner volve seleccionar á biblioteca como un dos responsables dos 300 mellores programas de promoción da lectura dirixida a concellos de menos de 50.000 habitantes.

Este ano o premio – financiado polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte- será en metálico de 1.706 euros e irá dirixido á compra de libros para a biblioteca seleccionados polo persoal da biblioteca en función das súas necesidades co obxectivo de completar os fondos para o beneficio de todos os veciños e veciñas do municipio.

O proxecto presentado este ano pola súa responsable, María Gaonzález Cabarcos, e que resultado premiado leva por título “#Biblioxermade: redes que tejeremos para favorecer el encuentro entre familias y libros” e describe todas as actividades de animación á lectura que foron desenvolvendo ao longo do ano 2017 na biblioteca.

Tamén foron seleccionadas as bibliotecas dos municipios lucenses de Sober e O Saviñao.

Etiquetas

Publicidade

Axenda

Publicidade

Todos os artigos e novas da anterior web están agora aquí: