Comeza a degustación das trece tapas do sexto concurso de Begonte

Son trece os establecementos hostaleiros participantes na sexta edición do Concurso de Tapas de Begonte que se desenvolverá entre o venres 27 e o domingo 5 de novembro co obxectivo de repetir o éxito das pasadas edicións.

A cita obrigada para os veciños e veciñas do municipio e tamén dos arredores desenvolverase tódolos días entre as oito do serán e as once da noite -e durante as fins de semana tamén entre a unha do mediodía e as tres da tarde- cun prezo da tapa esablecido en 1,80 euros.

As persoas participantes que completen o percorrido e outorguen a súa votación -dende un 1 a un 5- entrarán no sorteo dunha fin de semana no Hotel de Natureza Santa Ana para dúas persoas.

Establecementos participantes:
– Km 101
– Bar Cereixo
– Casa Varela
– Casa Carteiro
– A Cantina
– Madia Leva
– Casa Pichín
– Paz y Ana
– A Rotonda
– Ruta Esmeralda
– Café Bar Sara
– A Taberna do Labrego
– Restaurante Galicia

Etiquetas