María Reimóndez faise co I Premio Agustín Fernández Paz de narrativa infantil e xuvenil pola igualdade

María Reimóndez.

A obra Fóra do Normal de María Reimóndez Meilán resultou ser a gañadora do I Premio Agustín Fernández Paz de narrativa infantil e xuvenil pola igualdade convocado polo Instituto de Estudos Chairegos, o Concello de Vilalba e Edicións Xerais de Galicia.

A obra presentada baixo o lema ou seudónimo de “Supeheroes” era destacada polo xurado integrado por Marica Campo, Manuel Bragado e Xabier P. Docampo polo “tratamento da temática trans, dos personaxes e da banda deseñada como camiño de comprensión do mundo así coma polo valor de contar con heroes á hora da superación do conflito”.

O xurado, reunido na sala de xuntas do IESCHA este venres 27 de outubro, destacaba tamén a calidade das obras presentadas baixo os lemas “GUNTUR” e “PO ESTELAR”.

Etiquetas