Vilalba volve participar na campaña ‘Concellos en Negro’

Vilalba, comprometida contra a violencia de xénero nun dos actos da pasada campaña Vilalba en Negro.

O Concello de Vilalba volve a participar neste 2017 na campaña Concellos en Negro – Vilalba en Negro xunto a outros 56 municipios galegos, así como as Deputacións de A Coruña, Lugo e Pontevedra.

A campaña, que terá lugar os días 24, 25 e 26 de novembro, pretende vestir de negro as nosas vilas en repulsa contra os asesinatos machistas. Pero, nesta edición, quere ir máis lonxe se cabe e, ademais de implicar a establecementos comerciais e hostaleiros que na campaña do 2016 chegaron a ser 300 os participantes en Vilalba, quere chegar tamén á propia cidadanía, para que amosen a súa repulsa contra a violencia de xénero e os asesinatos machistas vestindo de negro as ventás das súas propias vivendas.

Esta actuación de sensibilización en pro da igualdade e contra a violencia de xénero é unha das actuacións do Centro de Información á Muller (CIM).

Os Concellos e Deputacións participantes asinarán un Protocolo de Colaboración o vindeiro 15 de novembro en Santiago de Compostela e realizarase un acto conxunto de todas as entidades participantes ás doce do mediodía do 24 de novembro de 2017.

Etiquetas

Publicidade

Axenda

Publicidade

Todos os artigos e novas da anterior web están agora aquí: