Adxudicada a redacción dos proxectos para a construción de sendas peonís e ciclistas en Rábade, Outeiro de Rei e Friol

A Consellería de Infraestruturas e Vivenda vén de adxudicar a redacción dos proxectos para a construción de tres novas sendas peonís e ciclistas na comarca xunto a outras tres na de Lugo que alcanza un investimento de 2,5 millóns de euros.

O contrato para a redacción do proxecto foi adxudicado á empresa Proyfe por un importe de máis de 108.000 euros e un prazo de execución de 12 meses.

Estas sendas teñen os fondos garantidos e recollen actuacións en 2,5 quilómetros de Rábade ao enlace da A-6 e entre o enlace da A-6 co límite de Begonte nas LU-107, LU-127 e LU-111. Este proxecto comprende tamén 1,3 quilómetros en Outeiro de Rei atao campo de fútbol e na urbanización As Rozas – Matela á beira da estrada LU-115. Finalmente, tamén integra 0,6 quilómetros en Friol na LU-231.

Con estes traballos danse os pasos necesarios para que os veciños destes concellos de Lugo e tamén os peregrinos poidan dispoñer, canto antes, de sendas seguras, sustentables e integradas na paisaxe para realizar os seus itinerarios habituais.

Etiquetas

Publicidade

Axenda

Publicidade

Todos os artigos e novas da anterior web están agora aquí: