Skip to main content
ActualidadeCultura TERRACHÁXAMeira

A meirega ‘Dhogs’, gran triunfadora do Festival Nocturna de Madrid

Por 29 Outubro, 2017Sin comentarios

Carlos Blanco e Andrés Goteira cos pemios do Festival Nocturna.

O filme ‘Dhogs’ consegue o “Premio Paul Naschy” a Mellor Película no Festival Internacional de Cine Fantástico Nocturna Madrid.

“É unha honra recibir este premio”, dicía Andrés Goteira, director de ‘Dhogs’, a triunfadora da noite. “Trátase dunha película pequena, feita con moito esforzo por este equipo galego. Dedícolla a todos aqueles novos cineastas que están a comezar. Anímoos a que o intenten e que sigan adiante”.

Carlos Blanco, o seu actor protagonista, que tamén recibía na gala de clausura o “Premio Vincent Price” a Mellor Actor en Sección Oficial, afirmaba que “esta é unha película feita con cen mil euros. Para nós isto é un premiazo”.

A película gañadora será proxectada este domingo 29 de outubro ás dez da noite, fóra de competición de Nocturna Madrid, en Cinesa Proyecciones.