A Deputación visibiliza aos doentes renais colaborando coas xornadas de nefroloxía

Calviño, López e Otero presentaron as Xornadas de Nefroloxía en Lugo.

A Deputada de Benestar e Igualdade, Sonsoles López Izquierdo; O Presidente do COMITÉ ORGANIZADOR, Jesús Ángel Calviño; e a Presidenta de ALCER Lugo, María José Otero Díaz, presentaron este luns, no Salón de Actos do Pazo de San Marcos, o IV Congreso da Sociedade Galega de Nefroloxía que organiza a Sociedade Galega de Nefroloxía (SGAN) e a XI Xornada Renal que organiza ALCER Lugo. O Congreso contará con dúas xornadas, nas que participarán especialistas e expertos nefrólogos de toda España e terá lugar os vindeiros 11 e 12 de novembro no Salón de Actos da Deputación. Os interesados en participar teñen ata o 3 de novembro para inscribirse en www.sgan.es. A XI Xornada Renal, que acollerá o Pazo de San Marcos o 12 de novembro, está dirixida aos doentes deste tipo de patoloxía, en nela participarán cirurxiáns, biólogos, farmacéuticos e nefrólogos da provincia de Lugo. O Goberno da Deputación colabora anualmente con ALCER Lugo cunha achega económica de 5.000 euros para o transporte dos usuarios que están recibindo tratamento de hemodiálise na provincia de Lugo.

López Izquierdo subliñou que “actualmente na provincia de Lugo están afectadas por algún tipo de insuficiencia renal máis de 3.000 persoas. Con estes datos, dende as administracións públicas temos que traballar da man e investir máis en investigación, prevención e concienciación, por iso dende o Goberno da Deputación colaboramos con ALCER Lugo no transporte de hemodiálise dos doentes de insuficiencia renal, aínda que non temos as competencias directas nesta materia.”

IV Congreso da Sociedade Galega de Nefroloxía
Venres, 10 de novembro
16:05.- Actualización do rexistro de enfermos renais, por María Encarnación Bouzas Caamaño.
16:25 horas.- Rexistro do acceso vascular e diálises peritoneal. Novas propostas. Pola Doutoras do C.H.U. A Coruña, Ana Rodríguez e Teresa García.
16:45 horas.- Comunicacións orais.
18:30 horas.- Mesa de nefroloxía clínica. Impartida polo Doutor do Centro de Investigacións Biolóxicas de Madrid, Santiago Rodríguez; e Doutor da Fundación Jiménez Díaz, Emilio González Parra.
20:00 horas.- Inauguración oficial.
20:30 horas.- Asemblea da SGAN.

Sábado, 11 de novembro
09:00 horas.- Mesa de hemodiálises, impartida polo Doutor do H.G.U. Gregorio Marañón de Madrid, Alberto Tejedor.
09:45 horas.- Mesa de diálises peritoneal, polo Doutor do H.U. La Paz de Madrid, Rafael Selgas.
10:30 horas.- Casos clínicos de residentes.
11:45 horas.- Mesa de transplante, impartida polo Doutor do Hospital Clínic de Barcelona, Vicente Torregrosa.
12:30 horas.- Comunicacións E-Poster.
14:00 horas.- Conferencia clausura. Qué podemos esperar da nefroloxía para o século XXI. Presidenta da Sociedade Española de Nefroloxía, María Dolores del Pino.

XI Xornada Renal de ALCER
10:45 horas.- Conferencia Inaugural, impartida polo Presidente da Federación de ALCER Galicia, Rafael Rodríguez Martínez.
11:00 horas.- Mesa de Hemodiálises domiciliaria portable. Participarán a Presidenta de ALCER Lugo, María José Otero Díaz; a Médica do servizo de anxioloxía e cirurxía vascular do HULA, Eva Pérez Carballo; e o Xefe do Servizo de Nefroloxía do HULA, Jesús Calviño Varela.
12:30 horas.- Mesa de Investigación e medicación. Participarán a vocal de ALCER Lugo, Carmen Regueiro Teijeiro; Biólogo Xefe do Grupo de Investigación en enfermidade renal do IDIS/CHUS de Santiago de Compostela, Miguel Ángel García González; e a farmacéutica y Concelleira de economía, Ana Prieto Nieto.
14:00 horas.- Clausura.

Etiquetas

Publicidade

Axenda

Publicidade

Todos os artigos e novas da anterior web están agora aquí: