A Garda Civil formula 69 denuncias durante o Rallye San Froilán

O Subsector de Tráfico de Lugo, durante os días nos cales se desenvolveu o Rallye San Froilán, especialmente durante a xornada do sábado 28, formulou un total de 69 denuncias a vehículos que participaban neste evento.

Os equipos de verificación de velocidade detectaron un total de 196 infraccións por excesos de velocidade sobre os límites establecidos para cada tramo das diferentes vías, ben de ligazón entre tramos ou as que unen os tramos de mañá e tarde. Do total de infraccións detectadas polos equipos de verificación da velocidade, 22 foron a vehículos implicados nesta proba deportiva, resaltando a detectada a un participante, o cal circulaba a 117 kms/h nun tramo de vía con limitación de velocidade máxima a 60 kms/h. Así mesmo, por parte das diferentes patrullas situadas dentro do dispositivo especial, que con motivo da celebración desta proba deportiva, despregara o Subsector de Tráfico, observáronse 47 infraccións a outro tipo de normas no marco da Lei de Seguridade Viaria.

Dentro desta mesma operación especial realizáronse tres controles de verificación de alcol e drogas nos cales se constataron tres condutores positivos por consumo de alcol e outros tres por consumo de drogas de drogas.

Cabe sinalar que durante os días nos cales se celebrou esta proba deportiva non se produciron accidentes de circulación de gravidade.

Etiquetas

Publicidade

Axenda

Publicidade

Todos os artigos e novas da anterior web están agora aquí: