As Mariñas e A Chaira unidas pola poesía

O próximo sábado 4 de novembro bota a andar en Betanzos o grupo poético-VINTE, poesía argonauta- cun recital homenaxe a Paco Souto a partir das sete e media no espazo literario Bíblos e na Asociación Lar de Unta nun acto poético no que participará poetas do novo grupo, da NPG Nova Poesia Guitirica e o poeta vilalbés Martiño Maseda.

A dinámica literaria chairega achega o seu apoio a iniciativas da comarca veciña e senta vías de colaboración cultural para o futuro con esta nova iniciativa, espello da NPG, que xa ten participado de numerosas actividades fóra da comarca e que prepara para o 2 de decembro nos Vilares a entrega de premios do Certame de micropoemas.

Etiquetas

Publicidade

Axenda

Publicidade

Todos os artigos e novas da anterior web están agora aquí: