A Garda Civil investiga a un conductor por exceso de velocidade

Ás 13:34 horas do 27 de outubro de 2017, un equipo de radar pertencente ao Subsector de Tráfico de Lugo, detectou, no P.K. 33.200 da estrada LU-540 (Viveiro-Cabreiros), termo municipal de Xermade, a un turismo circulando a unha velocidade de 155 kms/hora nun tramo de vía limitado a 60 kms/hora.

O equipo de radar, unha vez detectado o exceso, e que este podía ser constitutivo dun delito contra a Seguridade Viaria, pasou datos do vehículo infractor ás patrullas de servizo e unha delas, pertencente ao Destº de Villaba que regresaba á súa base, deu media volta e detivo a marcha do citado vehículo na localidade de Santaballa (Vilalba).

O condutor resultou ser un veciño de Viveiro (Lugo) de 43 anos de idade. Por estes feitos pasou á condición de investigado e confeccionáronse dilixencias por un suposto delito contra a Seguridade Viaria que foron remitidas ao Xulgado de Vilalba.

Etiquetas

Publicidade

Axenda

Publicidade

Todos os artigos e novas da anterior web están agora aquí: