Gontán fiel á tradición da Feira de Santos

Feira de Santos do 2010 en Gontán.

Ante a chegada do inverno, os gandeiros e gandeiras da comarca apuran a vender as súas reses. A pesar de que esta práctica na actualidade non se concentra nunha única época do ano, Gontán mantén a tradición da celebración da Feira de Santos.

Así, o sábado 4 de novembro, o máis destacado do día será o certame de gando que organiza o Concello de Abadín e para o que dispón 700 euros en premios ao mellor exemplar bovino, equino, mellor cría bovina, mellor cría equina, maior número de cabezas de gando bovino e equino ou mellor exemplar equino de silla.

Non faltarán expositores de roupa, calzado, alimentación de temporada, polbo, churrasco e tampouco a verbena.

Etiquetas