Premio para o instituto por un proxecto audiovisual de promoción da lectura

Alumnado do IES Poeta Díaz Castro recollendo o premio en Ourense.

Alumnado de 4º da ESO do IES Poeta Díaz Castro de Guitiriz recibía polo vídeo “Que pasa no instituto de Guitiriz?” o segundo premio OUFF Escola en Ourense onde “O rumor”, do IES Santiago Basanta Silva, lograba o premio ao mellor guión.

Esta peza audiovisual foi realizada a finais do curso pasado nun obradoiro de participación voluntaria organizado pola biblioteca do instituto e dirixido por Cristina de la Torre e Santiago Dans co obxectivo de promover a lectura e chegou tamén o primeiro premio BookTrailer film Festival 2017 na categoría de vídeos didácticos e colocarse entre os finalistas do festival Olloboi 2017.

O profesor responsable da biblioteca e director do proxecto asegura que “os premios e concursos son a parte secundaria do proxecto” porque o máis importante, dende o punto de vista didáctico, é “o traballo colaborativo co que os rapaces e rapazas participantes ían modificando o proxecto a través do debate sobre as ideas aportadas e a responsabilidade de cada un no traballo en equipo”. Foron necesarias “cinco sesións para a elaboración do guión –dividido en escenas encargadas a cada un dos grupos-, dúas para a grabación, varias tamén para a montaxe e outra para a montaxe final”.

No aspecto técnico, contaban coa colaboración de Cristina de la Torre que xa ten dirixido outros proxectos no centro a través de contratos-programa da consellería de Cultura e Educación.

Sinopse
“Que pasa no instituto de Guitiriz? Un equipo de reporteiros achégase para descubrir a clave do seu éxito pedagóxico apoiado nun hábito un tanto perigoso. Profesorado, alumnado e mesmo o persoal non docente parecen implicados e entusiasmados. Pero dispáranse algunhas alarmas e as protestas dos pais non se fan agardar.”
Participaron Anyeli Peguero, Rosandy Calderón, María Ansede, Uxía Sanjurjo, Mónica Filgueiras, Óscar L. Felpeto, Andrea Pérez, Aida Cobas, Zaira Sánchez, Iván Amenedo, Noemí Miraz, Irea Calvo, Zeltia Ferreiro, Thalía Fernández, Antía Sánchez e Lucía Campos.

Etiquetas

Publicidade

Axenda

Publicidade

Todos os artigos e novas da anterior web están agora aquí: