Vidal Baamonde, na Xornada de actualización sobre o patrimonio e os recursos turísticos de Lugo

Vidal Baamonde na xornada sobre patrimonio e recursos turísticos.

O Deputado de Turismo, Eduardo Vidal Baamonde, xunto á Concelleira de Cultura de Lugo, Carmen Basadre Vázquez, inaugurou a Xornada de actualización sobre o patrimonio e os recursos turísticos de Lugo, que organiza a Asociación Profesional de Guías de Turismo de Galicia, co apoio do Goberno da Deputación.

Vidal Baamonde avanzou algunhas das liñas de actuación que o organismo provincial está a levar a cabo enmarcadas no Plan Estratéxico de Turismo, totalmente participativo, que o Executivo puxo en marcha co obxectivo de xerar riqueza e dinamizar o emprego a través do turismo.

Etiquetas