A Deputación inviste 129.000 euros na mellora de 2,5 quilómetros da LU-P-2101

O Goberno da Deputación adxudica as obras de mellora de catro estradas provinciais en Cervantes, Friol e Baralla con case 820.000 euros. “Actuaremos en máis de 15 quilómetros, nos que se mellorará o firme e con aglomerado en quente e se incrementará a sinalización”, segundo explicaba o presidente, Darío Campos.

Entre elas, atópase un novo treito de 2,5 quilómetros da LU-P-2101 en Friol para o que se achegan 129.000 euros. “Con estas actuacións, remataremos coa reforma integral desta vía, que une Friol e Guitiriz a través e Parga; que é o nexo desta zona coa A-6, ademais do principal acceso viario a 10 parroquias e núcleos rurais da zona: Parga, Santa Lacaia de Parga, Seixón, Transmonde, Bra, Carlin, Roimil, Lea, Lamas ou Madelos”.

Etiquetas

Publicidade

Axenda

Publicidade

Todos os artigos e novas da anterior web están agora aquí: