O voto en contra do alcalde de Pol en SUPLUSA evidencia “a crise no PSOE” segundo os populares

O Grupo Provincial do Partido Popular considera que o voto en contra do alcalde de Pol en SUPLUSA evidencia “a intensa crise que atravesa o PSOE e o desgoberno que hai na Deputación de Lugo”. Deste xeito, os populares lamentan profundamente a actitude e a imaxe que están a dar os socialistas tanto como Partido, como da propia institución.

“Asistimos, unha vez máis, a un desprósito sen precedentes, no que o Grupo Provincial Socialista demostra non ter rumbo e, o que é peor, nin visos de que o teña no futuro por mor destas desavenencias internas”, afirman.

E é que, engaden, “estes enfrontamentos non benefician a ninguén. Tan só serven para desprestixiar unha institución que é necesaria para a provincia e os Concellos”. Por tanto, e eendo en conta que “nin eles mesmos se enteden”, para o PP demóstrase que “somos a única forza capaz de dar estabilidade e coherencia a este goberno en minoría, pois todos os proxectos que se están a levar a cabo ou os acordos aos que chegamos e grazas á xestión do Partido Popular”, matizan.

Con todo, dende o PP convidan ao Grupo Provincial Socialista “a unha profunda reflexión”, pois os intereses da institución e dos Concellos deben de estar por riba “das liortas internas que teñen dende hai máis de dous anos e que, sen lugar a dúbidas, deixaron en moi mal lugar á Deputación, orixinando titulares de prensa moi pouco dignos duns responsables con capacidade de xestión e con capacidade para gobernar o organismo provincial”, insisten.

A liquidación da aportación de todos os Concellos tratada na reunión de onte, e que supera o millón cincocentos mil euros, xorde do último que encontro que Elena Candia mantivo co novo presidente da Sociedade, no que tamén se fixou abrir a residencia da terceira idade de Castroverde e impulsar o polígono industrial de Cospeito como os compromisos máis inmediatos da nova dirección. A este respecto, a voceira do PP agradece a vontade colaboradora do novo responsable de SUPLUSA, pois “grazas el puidemos descobrir as medias verdades ou mentiras”, precisou.

Xestión do Partido Popular
A xestión e as iniciativas promovidas polo Grupo Popular están a posibilitar que se dean cambios que desemboquen na tan necesaria e urxenta apertura dos centros de maiores, “sen repostar, sinalan, a unha pataleta política, como xa indicamos noutras ocasións”. Tanto é así que a notificación da inscrición de SUPLUSA no RUEPSS prodúcese despois de que o PP lograse o mes pasado que o Consello de Administración acordase iniciar a tramitación do expediente correspondente e tras numerosas peticións trasladadas durante os últimos meses, así como no cambio da presidencia da Sociedade.

Os feitos demostran que o Grupo popular tiña razón cando comezou a impulsar a modificación dos estatutos, trámite necesario para que o proceso de inscrición no RUEPSS se puidese levar a cabo. Foi, por tanto, a partires de que Darío Campos deixase a presidencia de SUPLUSA cando se puido empezar a avanzar neste proceso xa que, ata o momento, os responsables socialistas durante os últimos 7 anos se desvincularon da súa responsabilidade e puxeron trabas continuadasá posta en marcha das residencias, sendo incluso necesario que o PP defendese o asunto na vía xudicial e mesmo que promovese iniciativas para que se respectasen os dereitos dos traballadores que foron seleccionados para traballar nos centros.

Etiquetas