Skip to main content
Vilalba

A Casa da Cultura de Vilalba acolle unha exposición con fotografías de Ruth Matilda Anderson

Por 8 Novembro, 2017Sin comentarios

Premio dunha vaca e un cucho en 1925 en Lourenzá – Ruth Matilda Anderson.

Afundación, ABANCA e o Concello de Vilalba presentan a exposición «Unha mirada de antano: Fotografías de Ruth Matilda Anderson en Galicia» que lucirá do 9 de novembro ao 9 de decembro.

O xoves 9 de novembro realizarase unha visita guiada da mostra ás oito do serán na Sala de exposicións da Casa da Cultura onde se poderá visitar de luns a sábado de once a unha e polas tardes, de cinco e media a nove, só durante a semana.