A Garda Civil investiga ao suposto autor dun delito contra a seguridade viaria

A Garda Civil da Pontenova (Lugo) imputou en calidade de investigado a un veciño de Riotorto de 75 anos de idade como suposto autor dun delito contra a seguridade viaria que foi identificado pola Garda Civil conducindo un turismo tendo retirado o permiso por sentenza xudicial ata o ano 2020.

A persoa investigada tiña máis de 20 suspensións temporais do permiso de conducir, decretando o Xulgado nº 2 de Mondoñedo o ingreso inmediato en centro penal polo que foi trasladado ás catro da tarde deste mércores 8 de novembro.

Etiquetas