O Concello de Guitiriz impulsa un mes de actividades en torno á prevención da violencia de xénero

Obradoiros preventivos, charlas-coloquio e debates son as actividades previstas para o mes de novembro como mes da prevención da violencia de xénero no Concello de Guitiriz.

Dirixidos ao alumnado dos centros escolares do municipio, desenvolveranse obradoiros preventivos sobre empoderamento e relacións interpersoais, redes sociais e estereotipos de xénero e desigualdade de xénero tanto no IES Poeta Díaz Castro coma nos CEIPS Plurilingüe de Lagostelle e Santo Estevo de Parga.

A Casa Habanera acollerá a charla-coloquio “Educando en Igualdade” o 20 de novembro entre as sete e as oito do serán dentro da “Escola de Familias”, pero aberta ao público en xeral.

E, finalmente, o xoves 23 de novembro entre as seis e as sete da tarde desenvolverase o debate gravado infantil e xuvenil sobre a violencia de xénero nun local municipal. Os interesados e interesadas en participar nesta actividade, poden inscribirse no Concello ata o 17 de novembro.

Etiquetas

Publicidade

Axenda

Publicidade

Todos os artigos e novas da anterior web están agora aquí: