O TDM Basanta Souto A logra 2 puntos en Vilalba

O Tdm Basanta Souto A recibía no pavillón do Mato Vizoso ao Milagrosa B The Brand e ao Dez Portas Café Bar Carlos nunha intensa tarde de tenis de mesa de Segunda galega.

Os equipos do TDM Vilalba lograban 2 puntos na casa a última xornada.

Ao primeiros vencíaos por un merecido 4-1 nun partido con moi boas series de xogo nas que os xogadores locais foron superiores ao rival. Tamén nun partido intenso, no segundo encontro, a intriga mantílase ata o final ata que finalmente os da capita provincial se fixeron cos dous puntos por un axustado 4-3. Os xogadores locais víronse sorprendidos polo xogo dos rivais. Os nerviso xogáronlles unha mala pasada en momentos claves. O club agarda que “esta derrota sirva para que os xogadores do Basanta Souto A se poñan as pilas e a partir de agora non se vexan abocados ao mesmo erro”.

O prato forte da xornada estivo no partido de Terceira nacional que enfrontaba ao TDM Basanta Souto contra o Breogán Oleiros B. Comezaban os locais costa arriba, pero estar por detrás no marcador servíalles de revulsivo e conseguían os dous puntos seguintes para colocarse por diante. Acto seguido o Breogán Oleiros conseguía empatar cun gran partido de dobres, para logo poñerse por diante outra vez no marcador no seguinte punto, pero como non había lugar ao erro os xogadores do Basanta Souto empatan de novo e colocan o marcador nun 3-3 quedando todo para o último partido. Este último punto foi de infarto pois tras ir perdendo o xogador local por dous a cero é quen de remontar e empatar. Así o último xogo do punto, como non podía ser doutra maneira, resolveuse nas vantaxes, caendo ao lado visitante que levou os dous puntos por un axustado 4-3.

A próxima xornada o Tdm Basanta Souto de Terceira nacional desprázase a Ferrol a enfrontarse ao San Xoán, o sábado pola tarde. E, en Segunda galega, o Tdm Basanta Souto A descansa ata o día 2 de decembro pola retirada dun equipo na categoría e polo parón polo torneo de Oleiros.

Etiquetas

Publicidade

Axenda

Publicidade

Todos os artigos e novas da anterior web están agora aquí: