336 entidades que optan ao Ben Empregado 4 deben completar as súas solicitudes antes do 25 de novembro

Álvaro Santos presentaba o Ben Empregado 4, máis social!

Álvaro Santos presentando o Ben Empregado 4, máis social!

Un total de 336 empresas e colectivos sen ánimo de lucro da provincia optan ás axudas para contratar a novos traballadores que ofrece o Goberno da Deputación a través do Ben Empregado 4, Máis Social. Todos eles deben consultar as súas solicitudes en www.deputacionlugo.gal ou no Taboleiro de Anuncios e, de ser necesario, completala ou modificala para seguir concorrendo ás subvencións de ata un máximo de 22.000 euros que inclúe dita programación, coas que asumir durante 1 ano os custos laborais de hoxe desempregados lucenses que pasarán a ser persoal dos seus establecementos. Poden facelo ata o 24 de novembro inclusive.

Durante mencionado prazo, debe presentarse a documentación requirida (cada participante pode ver esta na web provincial e no taboleiro) no Rexistro Provincial da Deputación, que está na praza baixa do Pazo de San Marcos. En caso de dúbidas, poden chamar ao 982260085 ou 982260203; ou ben enviar un correo electrónico ao seguinte enderezo: area.emprego@deputacionlugo.org.

3 liñas de financiamento
Son 336 autónomos, PEMES e colectivos sen ánimo de lucro, todos eles da provincia de Lugo, os que optan ás axudas dun total de 2,2 millóns de euros do Ben Empregado 4, máis social. Segundo as súas solicitudes, o Goberno da Deputación asumirá con ditos fondos o 100%, o 90% ou o 50% dos custos laborais de novos traballadores, que serán sempre lucenses actualmente no paro. As 3 posibilidades son as seguintes:

– O Goberno da Deputación asumirá a totalidade dos custos laborais dos traballadores, concedendo ás entidades ou colectivos o 100% da axuda, cando contraten a persoas con capacidades diferentes ou en risco de exclusión laboral. Por exemplo, veciños con dificultades físicas ou psíquicas ou vítimas de violencia de xénero, entre outras. Todo isto para favorecer a igualdade de oportunidades.

– O Executivo Provincial asumirá o 90% dos custos laborais de novos traballadores en xeral cando sexan contratados por colectivos sen ánimo de lucro, contribuíndo deste xeito, á importante actividade social do tecido asociativo lucense.

– O Goberno da Deputación asumirá o 50% dos custos laborais de novos traballadores en xeral cando sexan contratados por empresas da provincia.

Máis social
Na resolución das axudas, e tal e como recollen as bases públicas desta programación, favoreceranse ás empresas e colectivos que non se teñan beneficiados das anteriores edicións do Ben Empregado; ás que ofrezan contratacións indefinidas do posto subvencionado, medidas específicas de conciliación laboral, de protección do medio ambiente ou de responsabilidade social e corporativa. Ademais, valorarase positivamente que os promotores das entidades sexan de nova creación, impulsadas por mulleres, mozos de entre 16 a 35 anos ou maiores de 45.

Obrigas
As entidades e colectivos que resulten beneficiadas deberán aceptar ao traballador asignado pola Deputación e mantelo no seu cadro de persoal durante un período mínimo de 12 meses de duración; manter o cadro de persoal, incluíndo aos anteriores traballadores das edicións do Ben Empregado, durante a vixencia deste programa; facilitarlle ao contratado os medios técnicos necesarios para o desenvolvemento das súas tarefas; ou achegar ao organismo provincial nos primeiros 10 días do mes a nómina e xustificante de pago do traballador correspondente, entre outras obrigas.

Etiquetas

Publicidade

Axenda

Publicidade

Todos os artigos e novas da anterior web están agora aquí: