Skip to main content
Actualidade

Lucenses maiores de 55 anos poden solicitar os descontos en tratamentos termais que ofrece a Deputación

Por 13 Novembro, 2017Sin comentarios

Darío Campos aposta polos tratamentos termais na provincia.

O Goberno da Deputación abre o prazo de solicitude dos descontos en tratamentos mineromedicinais que ofrece nos balnearios de Lugo, Pantón e Pambre; os establecementos que decidiron participar no Lugo Termal 2017. Están dirixidos a lucenses maiores de 55 anos. Hai 600 prazas con estancia de 6 días e 12 técnicas termais a 190 euros; e prazas ilimitadas sen estancia, 30 técnicas termais a 200 euros. Os formularios de inscrición están en www.deputacionlugo.gal. Os interesados deben presentalo cuberto xunto a dúas copias do DNI no Rexistro Provincial. A concesión será por estrito orde de entrada das solicitude.

O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, destacou que “co Lugo Termal buscamos potenciar o benestar, facilitando o acceso aos tratamentos mineromedicinais que ofrecen os balnearios da provincia, ao tempo que fomentamos o turismo termal, pois poñemos en valor estes establecementos, coincidindo, ademais, coa tempada máis baixa de visitantes. Esta é a sétima edición desta programación, na que, nas súas anteriores convocatorias, xa participaron 5.600 lucenses”.

Prazas con estancia por balneario
As 600 prazas con estancia (6 días e 5 noites, con entrada o domingo e saída o venres), inclúen pensión completa, 1 recoñecemento médico, 12 técnicas termais e actividades socioculturais. O custo é dun total de 190 euros grazas aos descontos de 60 euros que ofrece o Goberno da Deputación. A distribución das prazas é:

– Balneario Termas de Lugo: 30 prazas
– Balneario Augas Santas, en Pantón: 400 prazas
– Balneario Rio Pambre, Palas de Rei: 170 prazas

Prazas sen estancia por balneario
As 140 prazas sen estancia inclúen 30 técnicas termais durante 10 días, 3 ao día; e un recoñecemento médico. O prezo deste paquete é de 200 euros en total. A distribución das prazas é:

– Balneario Termas de Lugo: 100 prazas
– Balneario Augas Santas, en Pantón: 20 prazas
– Balneario Rio Pambre, Palas de Rei: 20 prazas

Atención especial e acompañantes
Dentro da aposta por unha Deputación social e coas persoas, o Lugo Termal 2017 ofrece atención especializada ás persoas con problemas de mobilidade, para garantirlles o acceso e goce dos tratamentos termais; así como programas específicos a persoas con discapacidades física, psíquica ou sensorial.atención especial ás persoas con problemas de mobilidade, para garantirlles o acceso e goce dos tratamentos termais; así como programas específicos a persoas con discapacidade física, psíquica ou sensorial. Os beneficiarios das prazas poderán acudir cun acompañante, que tamén terán a posibilidade de desfrutar destes descontos aínda non ter máis de 55 anos, pero sempre que sexan de Lugo. Deberán xustificar o seu empadroamento na provincia.