O TDM Basanta Souto non pode co San Xoán na Terceira Nacional

O Tdm Basanta Souto de Terceira Nacional desprazábase esta xornada a terras de Ferrol para enfrontarse ao San Xoán nun partido con momentos de gran xogo por parte dos dous equipos, pero que non foi suficiente para que os xogadores do Basanta Souto se alzaran coa vitoria.

Os locai fixéronse vencía por 4-1. O punto dos vilalbeses foi conseguido por Hugo, que se atopa nun gran momento de forma, e co seu decoro e bo xogo foi capaz de alzarse co xogo. O Tdm Basanta Souto atópase no penúltimo posto da táboa, esperando conseguir esa primeira vitoria que de confianza e aplaque a ansiedade que mostra o equipo.

A vindeira fin de semana non hai liga regular que para ata o día 2 de decembro, pero o tenis de mesa continua coa celebración do Torneo de Oleiros onde o Tdm Vilalba conta cunha nutrida representación.

Etiquetas