O proxecto “Patrimonio das Terras de Montenegro” celebra unha gala no Museo de Vilalba

O Proxecto “Patrimonio das Terras de Montenegro”, unha iniciativa conxunta do Museo de Prehistoria e Arqueoloxía de Vilalba e a Asociación de Amigos do Museo de Vilalba, celebra a súa primeira galega o venres 24 de novembro a partir das oito e media do serán.

Trátase dun proxecto colaborativo cuxos obxectivos principais son coñecer e dar a coñecer o patrimonio histórico e natural da Terra Chá, para o que se deseña un catálogo aberto engrosado polas achegas de todas as persoas interesadas en compartir información escrita ou gráfica. Este catálogo está a disposición da sociedade a través dun mapa web, integrado na web do MUPAV.

Esta primeira gala do proxecto servirá para informar dos avances realizados nestes primeiros meses de andaina, nos cales nos achegamos aos 150 elementos catalogados e ás 300 imaxes no arquivo gráfico, exporemos as actividades a realizar dentro do proxecto para acadar unha maior sinerxía coa sociedade e os seus axentes socioculturais, así como reflexionaremos e debateremos sobre as dificultades que percibimos e os retos a superar.

Como colofón da gala farase entrega das mencións honoríficas aos membros do equipo que alcanzaron a puntuación concreta para cada categoría.

Etiquetas