Skip to main content
Breves

A Xuntanza prepara un cocido galego en Madrid

Por 21 Novembro, 2017Sin comentarios

Catro representantes da Asociación de Mulleres A Xuntanza de Castro de Rei viaxan este mércores 22 de novembro a Madrid convidadas por Toyota para elaborar un cocido galego a base de sopa de cocido con fideos; garbanzos do Bierzo, repolo de Betanzos, chourizo e patacas; cabeza de porco, lacón, costelas e botelo da Pontenova para rematar cunha sobremesa a base de tarta de mazá, canutos e roscas.

María José, Julia, Manola e Ana elaborarán este cocido galego cos produtos da terra e acompañado dun viño da D.O. Valdeorras en representación das 353 socias deste colectivo que dinamiza a vida social da zona con diversas actividades coma viaxes, talleres de cociña, traballos manuais, etc.