Skip to main content
BrevesVilalba

Dez establecementos de Vilalba participan na “Ruta do pincho de tortilla”

Por 22 Novembro, 2017Sin comentarios

Unha decena de establecementos hostaleiros de Vilalba ofrecen entre o xoves 23 e o domingo 26 deste mes de novembro pinchos de tortilla de forma gratuita con motivo da Ruta do pincho de tortilla que organiza a Asociación de Empresarios Sete Pontes.

Esta proposta lúdica e gastronómica desenvolverase no Xalundes, O Porrás, cervexería Lembranzas, Mesó O Carballo, 80/20 Café&Cóctel Bar, Café Bar Cristal, Café Bar Pafe, Centro Cultural, Tapería O Porrón e Café Bar Estudiante.