Intenso remate de ano poético

Entramos nun intenso remate de ano poético da NPG Nova Poesía Guitirica que o día 25 de novembro publicará para descargar a edición dixital dos poemas contra a violencia machista en www.culturaliagz.com, o día 29 Antón de Guizán na gravación dun programa poético para a radio en Lugo, o día 2 de decembro entrega de premios do #CertameVilariñas, 2017 e xa no mes de decembro dúas convocatorias, a do #CertameVilariñas 2018 e #PoemasPenduradosDeFarolas 2018 co lema esta edición de “Lumes Nunca Máis”.

Tamén o 22 de decembro, Antón de Guizán e Fátima Fernández participarán no Recital Solidario de Vilalba no que xa participou a NPG o pasado ano. Sen dúbida, o grupo poético criado hai dous anos coincidindo co 25 cabodano do pasamento de Díaz Castro, vai camiño de asentarse no tempo. Dous anos nos que medraron as actividades e as iniciativas e tamén o proprio grupo ao que se teñen animado 5 nov@s poetas a aqueles oito do início. Un movimento poético local que cada dia conta con máis seguidores nas redes e con máis demanda para a presenza en recitais e actos.

Unha homenaxe viva ao poeta do Vilariño, coa poesía como causa e Díaz Castro como verdadeiro “culpábel” desta criatura. Longa vida á NPG e longa vida tamén á poesía!!

Antón de Guizán

Etiquetas