Rábade tínguese de negro contra a violencia de xénero

O grupo de baile da Asociación Águeda, contra a violencia xénero.

O Concello de Rábade, adherido á campaña ‘Concellos en Negro contra a violencia de xénero’, achega material e cartelería co patrocinio de FINSA á totalidade dos locais comerciais e establecementos de hostalería que entre este xoves 23 e o domingo 26 de novembro amosarán en Rábade a súa repulsa contra a violencia de xénero.

Pero a proposta amplíase tamén á participación da poboación en xeral que tamén poderá decorar de negro os seus balcóns nestes días da campaña que celebra o seu acto principal o venres 24 de novembro ás doce do mediodía cunha concentración diante a Casa do Concello na que dúas mulleres do municipio lerán un manifesto contra a violencia de xénero. Acturá o coro da Asociación Músico Crisanto e a soprano Esperanza Iglesias interpretará acompañada de Aurelio Chao ao piano “Unha noite na eira do trigo”. O acto rematará cunha solta de pombas.

Polo momento, a páxina de facebook do Concello de Rábade xa amosa fotografías de apoio á campaña por parte de establecementos comerciais, hostaleiros, clubs e asociacións comprometidos na loita contra a violencia de xénero.

Etiquetas